Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/04/2023 | Actualizada ás 12:00
A privacidade e tratamento dos datos individuais na rede é desde sempre motivo de preocupación para os usuarios, de feito según datos do ONSTI en 2021, o 74% dos españois ven mellorable ou moi mellorable o uso que se da aos datos personais na rede. Por iso, grazas a defensa por parte de Unión Europea, entre outras, Google anuncia a próxima eliminación das cookies, que permiten esta recopilación de datos, para 2024. Ademáis destaca que este proceso comezará a tomar forma neste verán de 2023.
A pesar de que este anuncio ten un impacto moi positivo para os usuarios da rede, os expertos mostran a súa preocupación de cara ás empresas, "hai que preguntarse se isto é positivo sen unha alternativa útil" destaca Maxence Marius, director xeral da axencia SEO Eskimoz en España.
Pois as empresas destinan unha parte do seu presuposto á publicidade personalizada xerada a través das cookies. "Temos que recordar que o 80% das empresas españolas xa están presentes na web. Todas teránse que adaptar ó novo escenario sen cookies, modificiando as súas estratexias e redefinindo os seus plans para chegar ao consumidor" alerta o director xeral de Eskimoz.
NOVAS ALTERNATIVAS
Pese a preocupación dos expertos xa se están poñendo opcións sobre a mesa. Por un lado, Google opta por Topics, un método similar ás cookies pero que só garda a información durante 3 semanas. E polo outro, as empresas de telecomunicacións europeas están traballando na creación dunha plataforma de recompilación de información, dentro dos límites da legalidade da protección de datos, onde cada persoa poida eliminar a quen lle dá acceso durante a súa navegación web.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.