Temas: MUDANZA ESPAZO

Como podo saber o prezo dunha mudanza?

Tes que facer unha mudanza deica pouco? Aínda que o proceso pode ser un pouco atafegante, trátase dunha nova aventura que ten moito que achegar. É un momento especial na vida que deberías gozar o máximo posible.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/04/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

É importante ter controlado o prezo da mudanza para saber se se adapta ou non ao teu orzamento. Ao longo do artigo imos analizar canto custa unha mudanza tendo en conta os criterios máis importantes para o seu cálculo.

mudanza
mudanza

Canto custa unha mudanza? Todo o que debes saber respecto

Antes de empezar coa mudanza, expón ben estes factores e fai os cálculos para, polo menos, ter un valor aproximado no que centrarte:

1. Nº de km percorridos

O máis común é que a empresa de mudanzas teña en conta a cantidade de quilómetros percorridos durante o proceso (é dicir, a distancia que se percorre desde o punto de orixe ata o punto de destino, medida en quilómetros).

O custo adoita oscilar entre os 0.40-0.80€ por km, aínda que isto dependerá de cada empresa e dos servizos que ofreza.

Ademais, dentro deste prezo tamén haberá que ter en conta a existencia de peaxes que se sumarán ao custo total do orzamento dunha mudanza.

2. Custo por hora

Cada entidade terá asociado un determinado prezo por hora. Dentro deste prezo estará incluído a parte que cobra cada traballador, así como o alugueiro do vehículo (como podería ser unha furgoneta, camión ou calquera outro medio de transporte).

A tarificación pode ser moi variable dependendo da empresa da que esteamos a falar. En lugar de indicar cifras sen máis, é mellor consultar o dato directamente con eles.

3. Volume (m^3)

O volume mídese en metros cúbicos e é outro dos factores máis importantes a coñecer para coñecer o prezo dunha mudanza. Dependendo da cantidade de habitacións que teñamos, así como do número de obxectos e de aveños, a nosa mudanza ocupará un volume máis ou menos elevado.

Para que te fagas unha idea de cal é a proporción, ten en conta que en 1m^3 caberán aproximadamente unhas 10 caixas dun tamaño normal. Algunhas empresas cobraranche por esta cantidade ao redor de 50€.

4. Servizos adicionais

O sector das mudanzas evolucionou como moitos outros. Dependendo do que nos faga falta, podemos contratar algúns servizos extra que nos poden facilitar ao máximo o proceso.

·Embalaxe: os operarios da mudanza encargaranse de embalar as cousas pola súa conta, aforrándonos tempo e esforzo.

·Montaxe e desmonte de mobles: é a mellor maneira de ter claro que os nosos mobles chegarán ao seu destino en perfectas condicións.

·Caixas: por se non queremos conseguir as caixas pola nosa conta.

·Rocho / gardamobles: por se necesitamos un espazo temporal onde gardar algúns dos nosos obxectos.

Ademais, tamén haberá que considerar gastos extra no caso de que o piso sexa moi alto, non haxa ascensor, se hai que pedir algún permiso.

Con esta información podes facerte unha idea do gasto aproximado da mudanza.

Temas: MUDANZA ESPAZO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta