Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/04/2023 | Actualizada ás 11:00
A sociedade avanza e a súa mentalidade tamén. Cando fai uns anos era casi impensable pensar nunha muller tendo ela sóa un fillo, agora é unha situación común que vai en aumento. De feito, o 10% das mulleres que acoden a unha clínica de fertilidade non contan cunha parella, según a clínica Fertilab.
Os motivos son diversos, o doutor Àlex Garcia-Faura, directo de I+D+I da Unidade de Oncofertilidade da clínica Fertilab de Barcelona explica que "moitas mulleres teñen claro desde os seus 25 que queren ser nais solteiras : elas deciden cómo vai ser a súa familia e quén a vai conformar, esto ven a raíz do empoderamento e o cambio de mentalidade das mulleres. Pero por outra banda, tamén existen os casos de mulleres que o fan por estar nunha idade tardía e non atoparon unha parella ou por vitrificar os seus óvulos de cara ao futuro".
No caso das parellas heterosexuais, o dr. Garcia Faura resalta que na súa maioría, acoden por problemas de fertilidade pero no caso das mulleres solteiras, "o 80% non ten ningún problema de esterilidade, nunca se realizou un tratamento de fertilidade ou non intentaron quedarse embarazadas antes".
De todos modos, independentemente dos motivos, o que é unha realidade é que os procesos de inseminación in vitro en mulleres solteiras duplicáronse entre 2016 e 2020, e según Àlex Garcia-Faura a previsión é que esta tendencia continúe en aumento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.