Que grupos e artistas actuarán na nova edición do Festival da Luz?

A organización detallou que a última edición conseguiu recadar uns 90.000 euros, destinados a diferentes causas sociais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2023 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O Festival da Luz, promovido pola artista Luz Casal en Boimorto con fins solidarios, celebrará este ano unha nova edición, en concreto do 25 ao 27 de agosto. Así se informou nun acto na Fundación Paideia con presenza da cantante, no que se explicou que na última edición recadáronse uns 90.000 euros, coa Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (Fagal) como principal beneficiaria.

Ademais, parte do diñeiro foi para unha achega destinada a Cruz Vermella en Betanzos, á que se sumaron outras para asociacións do concello de Boimorto. Luz Casal, que agradeceu o apoio de patrocinadores e tamén das persoas que de forma "anómina" axudan a outros, remarcou que promover este festival foi "unha das mellores cousas" que fixo na súa vida.

Xa sobre o cartel deste ano avanzouse a presenza de Luar na Lubre, Roi Méndez, Locomía, Rayden, Brothers in Band ou Santiaguiños de Boimorto, entre outros.

Festival da Luz. XUNTA
Festival da Luz. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta