Insuficiencia Venosa Crónica, a enfermidade silenciosa que afecta a máis do 50% das mulleres

Dor nas pernas, formigueo, alteracións cutáneas ou edemas nos nocellos e pés, entre os síntomas máis comúns da IVC.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/04/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Máis do 50% das mulleres padece Insuficiencia Venosa Crónica, unha patoloxía do sistema circulatorio na cal, as veas son incapaces de realizar o adecuado retorno da sangue ao corazón provocando a súa acumulación nas pernas. Esta é unha das patoloxías máis infradiagnosticadas e polo tanto máis infratratadas.

Tratamento insuficiencia venosa crónica
Tratamento insuficiencia venosa crónica | Fonte: c1dema.es

Os doentes desta patoloxía comezan con cambras, cansancio, picor na pel, sensación de pesadez e edemas na parte inferior das pernas. Tamén se recollen síntomas como dor nas pernas ou formigueos. Todo isto vése agravado pola idade, os embarazos, o sedentarismo, a bipedestación prolongada, cambios hormonais ou factores hereditarios.

Ademais, a alta prevalencia desta enfermidade, dificulta a adecuada atención por parte da Seguridade Social, xa que ten un alto custo e necesita un prolongado seguimento. En parte, por isto hai un 60% de casos sen diagnosticar

Como resposta, habilitouse en Vigo a primeira clínica privada especializada no tratamento interdisciplinar desta patoloxía chamada C1dema . Dende alí, o o director da clínica, Román Rodríguez Cid destaca que "é recomendable comezar a tratar esta patoloxía nas súas fases iniciais para evitar complicacións posteriores"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta