O Ciclo Mestre Mateo levará as pezas audiovisuais da última edición dos premios homónimos a 23 concellos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2023 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

A Academia Galega do Audiovisual anunciou este luns que a segunda edición do Ciclo Mestre Mateo regresa ao catro provincias galegas coa proxección das obras finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo a un total 23 concellos de toda Galicia.

Segundo trasladou a propia Academia nun comunicado, a partir do mes de maio as localidades escollidas acollerán as proxeccións das longametraxes de ficción, animación e documental finalistas nos premios.

As localidades participantes exhibirán entre maio e novembro unha programación que inclúe 'María Casares, a muller que viviu mil vidas', 'Unicorn Wars' e 'O corpo aberto', recoñecidas como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametaxe, respectivamente.

LOCALIDADES PARTICIPANTES

Así, Lugo sitúase como a provincia con máis concellos adheridos á rede de salas. Deste xeito, repiten experiencia A Pobra de Brollón, Chantada, Foz, Sarria e Vilalba, aos que se suman A Fonsagrada, Becerreá e Meira. Na provincia da Coruña, contarán co ciclo na súa oferta cultural por segunda vez Ames, Arteixo e Boiro, mentres que Cedeira e Melide incorpóranse á rede de salas.

Pola súa banda, todos os concellos que contarán con proxeccións na provincia de Ourense foron xa participantes na anterior edición. Estes son A Rúa, Celanova, O Barco, San Cristovo de Cea e Verín. No caso de Pontevedra incorpóranse ao ciclo o cinco localidades que acollerán as proxeccións: Baiona, A Estrada, O Grove, Caldas e A Guarda.

Cartel da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo.. ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL
Cartel da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo.. ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta