Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/05/2023 | Actualizada ás 12:10
Un total de 68 accidentes de circulación foron rexistrados entre a tarde do venres e a noite do luns 1 de maio, Día do Traballador. Neles, 81 persoas resultaron feridas e delas, 70 tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios.
A xornada con maior volume de sinistros foi o sábado, cando se produciron un total de 25 accidentes con feridos. Por provincias, A Coruña (28) e Pontevedra (21) rexistraron 49 dos 69 accidentes. En Lugo o total foi de seis fronte os 13 das estradas ourensás.
A maioría dos feridos durante o fin de semana foron homes (62,5%) e case un terzo dos atendidos tiña entre 40 e 45 anos, segundo a información facilitada este luns polo 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.