Paco Rodríguez ve en Podemos unha "trapallada propangandística" do sistema

Como en cada véspera dun proceso electoral importante, o que fóra líder da UPG -o principal partido dos que quedan no Bloque- publica un artigo en Terra e Tempo sobre o camiño a seguir polos nacionalistas. Desta volta, Francisco Rodríguez dirixe os seus dardos contra a formación de Pablo Iglesias.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 25/02/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Na súa opinión, o fulgurante éxito de Podemos explícase en parte por unha caste de conspiración mediática argallada dende os estudios televisivos de Madrid.  "Estas alternativas políticas novas non se poden entender sen a crucial colaboración dos medios de comunicación, o específico combinado TV-Internet, capaz de catapultar o necesario líder mediático", sinala o principal referente teórico ideolóxico da fronte nun artigo de Terra e Tempo , o voceiro da UPG. 

Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG
Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG | Fonte: www.bng-galiza.org

Rodríguez tamén cualifica de sucursalista a Podemos en Galicia, ataca a súa presunta indefinición ideolóxica e mesmo se mete con Breogán Ribóo, ex-militante do BNG e ANOVA que foi elixido para liderar Podemos no país:  "seguindo as consignas dos xefes madrileños, puidemos ler e escoitar  como  un dirixente sucursalista emerxente, nada menos que de nome Breogán, ben arroupado pola mediática galega, afirmaba que a súa alternativa non era de dereitas nin de esquerdas, nin nacionalista nin centralista".

Na súa opinión a alternativa do partido morado é "trapallada propagandística" que usa "demagoxia máis simplista" para no fondo perpetuar o sistema capitalista. Fronte a isto, o ex-deputado contrapón a uns nacionalistas que "non entran no deseño" dos poderosos e que denben combatir a Podemos con  "formación e información cultural".

Liderado pola UPG, de cara as municipais, o BNG desbotou de novo pactar calquera coalición con forzas de ámbeto estatal. Agora ben, a aritmética electoral en moitos municipios pode obrigar a un pacto no caso de que as forzas de esquerdan queiran evitar un goberno do PPdeG. 

Nas últimas eleccións, as europeas de 2014, o BNG (79.000 sufraxios) quedou relegado a quinta forza política no país, depois da terceira (AGE con 106.00) e Podemos (84.000).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

13 Carmen Lamama

De que ides? sempre os do non. Os nihilistas liberados ds CIG e sectarios stalinistas UPGallos dando a nota, e saindo do rebaño. Como se pode disentir, dividir, e ate criticar, aos elexidos por Deus da Complutense, que coa sua revolución cibernética tecnotrónica mediática e plurinacional. Unha cruzada contra a troika e a tiranía dos mercados contra o 99%. Levarán a cibdadania ate a terra prometida da socialdemocracia e estado de benestar perdidos, do capitalismo de faciana humana.

12 Ghalopín

Falan os custodios das esencias, cale o mundo. Contemplemos os RESULTADOS do plan de Paco Rodríguez para reventar o sistema. (Silencio). Para fendelo? (Silencio). Para desgastalo? (Silencio). Eso si, as esencias están seguras, cada día que pasa son luxadas por menos xente. É o que ten o autismo fronte á sociedade.

11 eusi

Que visionario! Faro luz e guia...até o precipicio que é cara a onde van.

10 andywhitaker64

Paco Rodríguez debería deixar de preocuparse destes chavales listos e brilantes e prepararse para mirarse ó espello. Vai vello e morrerá axiña. E grazas a súa intelixencia política e social, Galiza está hoxe máis preto da independencia, a sociedade galega aprecia máis a súa propia cultura, o idioma galego está en franca recesión, o nacionalismo afúndese en liortas minifundistas e o futuro do noso país aparece máis ca nunca, dependente dos chavales listos e brilantes. Por burro, Paquiño, por burro. Non deches unha a dereitas. A biografía non minte.

1 Indpend.liberal-social

Efectivamente. Xa é forte o proceso de desgaleguización como para facerlle máis dano aínda ó galeguismo. Mágoa que todo o bo que fixo o BNG e a UPG na loita antifranquista, no amor pola terra ou na boa xestión de concellos como Allariz, Pontevedra ou Vigo se estropee por "dogmatismos antipáticos" que só dañan a Galicia e ó nacionalismo. Proba dilo é -xunto a outros factores, por suposto, como a "españolización mediática"- o descenso electoral do BNG desde as Xerais de 2000.

2 Indpend.liberal-social

Ten que darse conta o BNG, ademais, que se quere botar ó PP de San Caetano, debe entenderse electoralmente cos partidos de AGE, polo menos nas provincias de Lugo e Ourense de cara ó 2016. Pois coa contrarreforma dos 61 escanos, neses distritos electorais vai ser preciso acadar o 8%-9%. E co fenómeno Podemos (partindo de que estes irán en solitario), AGE e BNG, por separado, probablemente baixen desa cifra. Alí pode estar a clave de que o PPdeG baixe dos 38 deputados.

3 Indpend.liberal-social

Ademais, ten gracia que Paco Rodríguez fale de anticapitalismo, cando foi a UPG a que renunciou moitos anos ó independentismo e ó comunismo como programas electorais do BNG (forza na que era e é hexemónica, como sabemos). O único partido comunista e nacionalista coherente co seu discurso e práctica ó longo dos 34 anos de autonomía foi, entre outros, NÓS-UP e non a UPG ou a FPG. Anque como liberal de esquerdas síntome anticomunista, recoñezo que estes foron os máis honestos coas súas ideas.

9 Ana

Cando escoite a Podemos falar de republica, oposicion o TTIP, saida do euro e da OTAN, separacion de poderes e posibilidade de revocar cargos, estado federal iberico(con Galiza, Catalunya, Euskadi e Castela/España como estados federados)... enton direi que non son mais do mesmo. Mentras tanto para min son un partido mais do sistema, iso si con caras mais novas.