Por Galicia Confidencial | Ferrol | 25/02/2015 | Actualizada ás 18:00
Na súa opinión, o fulgurante éxito de Podemos explícase en parte por unha caste de conspiración mediática argallada dende os estudios televisivos de Madrid. "Estas alternativas políticas novas non se poden entender sen a crucial colaboración dos medios de comunicación, o específico combinado TV-Internet, capaz de catapultar o necesario líder mediático", sinala o principal referente teórico ideolóxico da fronte nun artigo de Terra e Tempo , o voceiro da UPG.
Rodríguez tamén cualifica de sucursalista a Podemos en Galicia, ataca a súa presunta indefinición ideolóxica e mesmo se mete con Breogán Ribóo, ex-militante do BNG e ANOVA que foi elixido para liderar Podemos no país: "seguindo as consignas dos xefes madrileños, puidemos ler e escoitar como un dirixente sucursalista emerxente, nada menos que de nome Breogán, ben arroupado pola mediática galega, afirmaba que a súa alternativa non era de dereitas nin de esquerdas, nin nacionalista nin centralista".
Na súa opinión a alternativa do partido morado é "trapallada propagandística" que usa "demagoxia máis simplista" para no fondo perpetuar o sistema capitalista. Fronte a isto, o ex-deputado contrapón a uns nacionalistas que "non entran no deseño" dos poderosos e que denben combatir a Podemos con "formación e información cultural".
Liderado pola UPG, de cara as municipais, o BNG desbotou de novo pactar calquera coalición con forzas de ámbeto estatal. Agora ben, a aritmética electoral en moitos municipios pode obrigar a un pacto no caso de que as forzas de esquerdan queiran evitar un goberno do PPdeG.
Nas últimas eleccións, as europeas de 2014, o BNG (79.000 sufraxios) quedou relegado a quinta forza política no país, depois da terceira (AGE con 106.00) e Podemos (84.000).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.