Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/05/2023 | Actualizada ás 10:31
Canto tempo lle dedicas semanalmente a encher documentos burocráticos?, Recibes habitualmente comunicacións das familias, do centro ou do alumnado FÓRA do teu horario laboral?. Estas son algunhas das cuestións que o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza-STEG pregunta ao corpo docente. É a través dunha enquisa para acadar de primeira man información sobre como a burocratización do ensino afecta as docentes galegas.
Desde o sindicato docente aseguran que levan tempo recibindo queixas de docentes afiliadas e non afiliadas ao redor da cuestión. O número de horas lectivas e o gran número de alumnos e alumas ás que cada docente imparte clase, unido ao cada vez maior tempo que se adica aos plans e programas que a Consellería de Educación propón, entre outras tarefas, "fan que docentes e equipos directivos estean esgotados, cunha carga de traballo e un nivel de estrés difícil de soportar", indica nun comunicado.
É por isto que o sindicato animouse a lanzar esta enquisa entre as docentes do ensino público, único sector do ensino no que o STEG fai traballo sindical, xa que considera incompatibel apostar por un ensino 100% público ao tempo que se defenden os intereses do ensino privado-concertado. As e os docentes interesados poden acceder aquí á enquisa.
"O STEG pretende con esta enquisa non soamente obter información directa, tamén concienciar da necesidade de frear un proceso de burocratización que non fai máis que dificultar a labor docente, así como dificultad a conciliación da nosa vida profesional e familiar/social", destaca. O sindicato dos traballadore se traballadoras do ensino público dará a coñecer os resultados da enquisa e a valoración da mesma nas próximas semanas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.