Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2023 | Actualizada ás 14:01
O Goberno galego celebra o Día das Letras Galegas en Buenos Aires, no marco da Feira Internacional do Libro que se está levando a cabo, coa participación institucional da Xunta e a presenza de distintos escritores galegos.
Segundo informou o Goberno autonómico a través dun comunicado, Galicia está representada por unha caseta propia con máis de 250 publicacións e a presenza de distintos profesionais do sector editorial.
Ademais, un total de 27 entidades galegas na capital porteña organizan conxuntamente, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, unha efeméride que terá como acto central unha conferencia impartida polo escritor Luís González Tosar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.