Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2023 | Actualizada ás 20:42
Un home de 60 anos faleceu este domingo tras ser atropelado na A-52 ao seu paso polo municipio ourensán de Taboadela. Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Segundo informou o 112, interviñeron a Garda Civil de Tráfico, o GES de Pereiro e o 061, que mobilizou un helicóptero medicalizado e unha ambulancia asistencial de SVB.
Varias testemuñas chamaron ao 112 para advertir que había un home tirado na beiravía e apuntaban a un atropelo como o desencadeante da situación. O sinistro produciuse no punto quilométrico 216, en sentido Ourense, tal e como indicaron os particulares que chamaron ao 112 para alertar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.