Tanxugueiras, "mellor albúm en galego" e "mellor albúm de música de raíz"

O seu último disco, "Diluvio" foi o protagonista destes premios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/05/2023 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A gala do XV Aniversario dos Premios MIN tivo lugar onte á noite en Palma de Mallorca, para premiar aos artistas máis destacados da escena independente do noso país no último ano. As Tanxugueiras, nominadas en ata sete categorías, conseguiron gañar dúas delas: "Mellor álbum de música de raíz" e "Mellor álbum en galego" por "Diluvio", o seu último disco.

Tanxugueiras recibindo un premio
Tanxugueiras recibindo un premio | Fonte: remitida

A gala foi presentada por Samantha Hudson e nela foron prmeiados outros artistas como "Los Estanques e Anni B Sweet" ou "Biznaga".

Este dobre recoñecemento para o trío galego chega xusto despois de recoller o mes pasado o premio "Artista Revelación Alternativa 2023" dos Premios Odeón e apenas dúas semanas despois da estrea do seu novo tema "Aire", producido por Lowlight (C. Tangana, Israel B, Yung Beef, Albany e un longo etcétera de músicos da escena urbana) e na que demostran unha vez máis a súa continua exploración de novos retos e posibilidades sonoras.

Da man de PlayPlan, Tanxugueiras continuará durante todo o verán percorrendo o estado coa súa “Xira Midas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta