A Garda Civil sorprende a un borracho mentres gravaba unha curtometraxe sobre os efectos do alcol ao volante

A mesma persoa, que quintuplicaba a taxa de alcol en sangue, foi sorprendido un día despois, tamén case coa mesma taxa alcólica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Unha patrulla da Garda Civil que participaba en Maceda na rodaxe dunha curtametraxe sobre os efectos do alcol ao volante sorprendeu a un condutor de 56 anos que quituplicaba a taxa de alcoholemia permitida e que, un día despois, volveu ser interceptado ebrio.

O incidente tivo lugar o pasado sábado ás 19,45 horas nas piscinas de Maceda, onde un grupo de axentes participaba nunha representación dun accidente provocado por un condutor ebrio.

A patrulla, que se atopaba regulando o tráfico, observou a un coche que se achegaba facendo eses, polo que decidiron darlle o alto e sometelo ao test de alcol, na que deu unha taxa de 1,33 mg/l, cinco veces máis do permitido.

O mesmo condutor, veciño de Xunqueira de Espadañedo, volveu ser sorprendido horas despois de novo ebrio ao volante. Ocorreu ás 07,40 horas do domingo na estrada OU-536 e o resultado da proba foi 1,14 mg/l.

A Garda Civil formulou dúas denuncias por delitos contra a seguridade viaria por alcoholemia, que contempla penas de tres a seis meses de prisión e a privación do carné por tempo dun a catro anos.

Coche e patrulla da Garda Civil nun control de tráfico
Coche e patrulla da Garda Civil nun control de tráfico | Fonte: Arquivo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta