Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 16:32
A xuíza do xulgado de instrución número 3 de Ribeira decretou o ingreso en prisión provisional sen fianza para dúas dos detidos pola agresión contra un home de 27 anos que sufriu feridas de gravidade tras recibir disparos e varias puñaladas durante a madrugada do domingo na localidade do Barbanza.
O terceiro arrestado por estes feitos foi posto en liberdade aínda que permanece investigado por un delito de encubrimento. O tres foron detidos en Tui horas despois da agresión cando tentaban cruzar a fronteira cara a Portugal. Así as cousas, os dous arrestados que ingresaron en prisión enfróntanse a unha investigación por tentativa de homicidio, ao que se suma para un deles outro delito por tenencia ilícita de armas.
A pistola empregada contra a vítima, que se atopa hospitalizada no Hospital Clínico de Santiago aínda que fóra de perigo, foi recuperada na mañá do martes do fondo do porto de Ribeira por un equipo de submarinistas da Policía Nacional. A agresión ocorreu pasadas as 03,00 horas deste domingo na rúa Diego Delicado. En concreto, sobre as 03,20 horas o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que alertaba dun disparo nesta céntrica rúa do municipio do Barbanza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.