Astronautas e satélites made in Galicia

A Universidade de Vigo quere que Ourense acolla un grao de Enxeñaría Aeroespacial. Este sector creceu un 300% nos últimos oitos anos, aínda que España "factura 10 veces menos" que outros países nunha áea con grandes perspectivas de crecemento.

Por GC Emprende | Ourense | 11/03/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Galicia pode ser un viveiro de futuros astronautas, o cando menos, de técnicos que axudarán a descubrir mellor o espazo. Iso, sempre e cando, o Goberno galego lle dea o visto e bo a unha proposta do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que defendeu a implantación dun grao en Enxeñaría Aeroespacial para o campus de Ourense.

Alumnos do Grao de Enxeñaría Aeroespacial en Sevilla
Alumnos do Grao de Enxeñaría Aeroespacial en Sevilla | Fonte: Universidade de Sevilla

“Este campus cumpre as características esixidas polo Goberno galego, relativas a que se trata dunha nova titulación en Galicia e o seu atractivo" laboral, no ámbito tecnolóxico”, dixo tras unha reunión do Consello de Campus de Ourense. Actualmente, os grandes centros deste sector sitúanse en Madrid e en Andalucía polo que considera positiva a implantación dun grao destas características en Galicia, que permitirá abastecer de futuros profesionais ás empresas do sector.

De feito, o crecemento deste mercado foi dun 300% nos últimos oito anos, ademais da súa evolución positiva no emprego, o que supón "unha gran oportunidade, porque aceleraría enormemente as achegas para innovación e desenvolvemento".

 

Neste sentido, Mato lembrou que España actualmente "factura 10 veces menos" que outros países nun sector con grandes perspectivas de crecemento e que no caso de Galicia conta con varias empresas que facturan máis dun millón de euros no sector da aeronáutica, a súa maioría na provincia de Ourense.

Un satélite que crearon alumnos de Enxeñaría Aeroespacial
Un satélite que crearon alumnos de Enxeñaría Aeroespacial

Por iso, a Universidade levará o vindeiro luns 16 de marzo a proposta ao Consello de Campus ourensán, que se celebrará con carácter extraordinario, para votar se segue adiante coa tramitación deste novo grao. Segundo asegurou o reitor, esta titulación cubrirá o oco no mapa de titulacións no ámbito tecnolóxico galego e de I+D ademais de ofrecer unha saída profesional no sector aeronáutico, en concreto en procesos de fabricación e tecido produtivo.

"A Galicia faltáballe a oferta académica que nós estamos a propor e que se complementa coa oferta tecnolóxica", salientou.  Ademais, dixo que este novo grao pode servir para recolocar aos profesores de Físicas, tras o rexeitamento á implantación desa enxeñaría na cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cascarilleiro

Ah, pois nos queremos o mesmo