Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 20:39
Marisol Nóvoa foi reelixida presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), de forma que repite nun cargo que ocupa desde 2019. A Confederación Empresarial de Ourense celebrou este martes a súa asemblea electoral. Ao salón de actos da sede de Afundación acudiron compromisarios da organización, os representantes das distintas asociacións, empresas e colectivos con dereito a voto e que compoñen o censo electoral.
Tras a súa elección, Marisol Nóvoa fixo referencia á traxectoria desenvolvida na CEO no últimos catro anos e á intención de continuidade, ademais de facer mención ás dificultades dun período marcado polas crises sanitarias, enerxética e de inflación
No entanto, mostra a súa esperanza de que "a etapa que hoxe comeza estea repleta de proxectos, de boas noticias e de iniciativas que conduzan á mellora da contorna económica e produtiva, e contribúan á transformación das empresas cara á dixitalización e a sustentabilidade".
Do mesmo xeito, Marisol Nóvoa solicitou a participación activa de todos e todas as integrantes da confederación, "pois o traballo en equipo é a mellor ferramenta para alcanzar os obxectivos previstos". O peche desta asemblea correu a cargo do presidente da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa e vicepresidente de CEOE, Gerardo Cuerva, que interveu ante a presenza tamén do presidente da CEG, Juan Manuel Vieites.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.