Atopan na A-6 coas chaves postas un camión subtraído en maio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Garda Civil recuperou este venres na A-6 un camión caixa, aparcado na autovía e coas chaves postas, que foi subtraído o pasado mes de maio e cuxa propietaria denunciou a súa desaparición en Lugo.

Segundo informa a institución, o vehículo foi atopado estacionado no quilómetro 503 da autovía A-6, coa sinalización de emerxencia en funcionamento e coas chaves de contacto postas.

Os axentes tentaron contactar coa dona do camión e lograron comunicarse cun familiar seu, que indicou que o vehículo estaba gardado nun garaxe. Cando se decataron da súa falta, trasladáronse a Lugo para presentar unha denuncia pola súa desaparición. Agora, a Garda Civil retirou o vehículo da vía e púxoo a disposición da súa propietaria unha vez que ela se presentou no lugar.

A Garda Civil recupera un camión caixa subtraído o pasado mes de maio. GARDA CIVIL
A Garda Civil recupera un camión caixa subtraído o pasado mes de maio. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta