Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2023 | Actualizada ás 11:00
A socialista Uxía Oviedo, en Maceda, fíxose co bastón de mando municipal na súa localidade este sábado e confirmouse como a alcaldesa máis nova de Galicia.
Aínda que o PP foi o partido máis votado no municipio, fontes socialistas consultadas por Europa Press ratificaron que Oviedo tomou o bastón de mando co apoio dos edís doutros dous grupos do concello. As mesmas fontes indicaron que Oviedo encabeza o ranking de rexedoras máis novas do país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.