Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2023 | Actualizada ás 17:03
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, quen ademais é o número tres do PP ao Congreso por Pontevedra dos populares, defendeu que non se sente "cómodo" con "ninguén que negue a violencia machista", pero si no seu partido, tendo en conta que, asegurou, sitúa esta cuestión como "unha liña vermella".
Así se pronunciou tras ser preguntado acerca de se sente cómodo cos pactos do seu partido con Vox, unha formación que nega a existencia da violencia machista. Puy replicou que o PP é "claro" na defensa da existencia da violencia machista e na súa loita contra ela.
"E o que facemos en Galicia, incluída a lei de igualdade que está en tramitación, vai na mesma liña, así que sinto cómodo cos principios inamovibles que reiterou o noso presidente nacional", aseverou.
"Non estou cómodo con ninguén que negue a existencia de algo tan grave como a violencia machista, pero si cun partido que ten esta cuestión como unha liña vermella", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.