Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/06/2023 | Actualizada ás 11:00
Na sociedade industrial na que nos atopamos, o papel da enxeñaría e imprescindible para poder seguir avanzando cara unha vida moderna e a súa vez sustentable. Pero para chegar a esta modernidade hai unha barreira que debe romperse que non é outra que a da desigualdade de xénero no tocante a representación no sector.
Neste eido, elexiuse o 23 de xuño para que cada ano se celebre o Día Internacional da Muller na Enxeñaría, co obxectivo de conmemorar ás mulleres polo seu papel nun sector que tradicionalmente estivo dominado polos homes. Nunha análise, levado a cabo polo Observatorio da Enxeñaría, conclúese que a muller ten unha presenza global na enxeñaría en España próxima ao 20%.
Esta proporción, obxectivamente moi baixa, pode deberse a varios motivos, dende unha falta de interese no estudo da profesión ou pola falta de referentes. A especialidade onde hai menos representación feminina é a enxeñaría de Telecomunicacións, con tan só un 12%. Séguenlle a enxeñaría Informática (16%) e a enxeñaría Industrial (19%). En cambio, as disciplinas que contan maior proporción de enxeñeiras son a enxeñaría Agrícola (34%) e a enxeñaría de Camiños.
Ante este escenario, o Instituto de Enxeñaría de España (IIE) busca impulsar a presenza das mulleres na enxeñaría española. "Estamos a analizar os motivos que expliquen esta taxa tan reducida de perfís femininos que estudan enxeñaría. O noso obxectivo é pór en marcha un plan de acción que axude a atraer mulleres á profesión", sinala Susana González Martínez, secretaria do Comité de Universidades de Formación e Empresa do Instituto de Enxeñaría de España. Ademais, o IIE está levando a cabo varias iniciativas entre as que se atopan os 'Premios Ingenia 100% Talento'.
Pero non só requírese talento feminino no sector, o Observatorio tamén apunta a que España necesitará 200.000 novos profesionais da enxeñaría para os próximos 10 anos, xa que actualmente conta con 750.000 profesionais, cifra que permite determinar a densidade de profesionais da enxeñaría por habitante, que en España se sitúa en 15,7 enxeñeiros/as por cada 1.000 habitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.