Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2023 | Actualizada ás 15:46
Os dous concelleiros da Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) no Concello da Lama denunciaron este luns ante a Garda Civil unha suposta agresión por parte do exalcalde, Jorge Canda, que o actual goberno local nega, xa que afirma que "en ningún momento houbo contacto físico entre o ex rexedor e ningún" dos dous concelleiros indepedentes, aos que acusa de ter unha "actitude agresiva e maleducada".
Segundo o relato dos feitos que fai a concelleira de UCIN, Olga Rodríguez, ás 8,30 horas deste luns acudiu ás dependencias municipais xunto ao seu compañeiro e portavoz do partido, Carlos Riveiro, para exercer os seus "dereitos como concelleiros electos".
No consistorio atopáronse co anterior alcalde e actual concelleiro do Partido Popular Jorge Canda. "Interceptounos á entrada, increpándonos de maneira expeditiva", din os concelleiros indepdientes, que afirman que o exalcalde afeou que acudisen fose de horario de atención ao público, que "é a partir das 9". Olga Rodríguez afirma que rebateu a Canda que non eran "público", senón unha "concelleira electa" da corporación e que o exalcalde "non ostenta ningunha autoridade para decidir a miña entrada na o concello e para impedir o cumprimento" das súas "funcións".
"A continuación, Jorge Canda Martínez, empeza a empuxarme para botarme das dependencias municipais, pondo as súas mans no meu peito. Pídolle que non me toque, ignora a miña petición e continúa tocándome e empuxándome en tres ocasiones máis. Sae do Concello e comunícolle que vou chamar á Garda Civil para denunciar os feitos", continúa o relato da edil independente.
A denuncia contra o que fose alcalde da Lama durante 28 anos foi presentada esta mañá no cuartel da Garda Civil de Ponte Caldelas. "Jorge Canda Martínez en ningún momento tenta tocar a empuxar ao meu compañeiro, senón a min que son unha muller", aseverou Rodríguez. "Agora mesmo estou bastante conmocionada e, aínda que non deixarei de exercer os meus labores como concelleira electa, sinto medo a que este tipo de situacións poidan volver repetirse", manifestou.
Ante estes feitos que cualifican de "deplorables", os concelleiros de UCIN esixen ao actual alcalde David Carreira, o "cesamento fulminantemente de todos os seus cargos de concelleiro electo ou que o inste a presentar a súa dimisión inmediata". Así mesmo, instaron "ao presidente provincial, rexional e nacional do Partido Popular que expulsen a esta persoa inmediatamente do partido". "Consideramos que nun partido político democrático, débense condenar e penalizar todo tipo de violencia", apostilou UCIN nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.