Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 16:34
Vanesa Martín, La M.O.D.A., Cruz Cafuné, Pimpinela, Mago de Oz, Recycled J e Baiuca actuarán en Pontevedra durante a semana grande das Festas da Peregrina, que se celebrará entre os días 12 e 20 de agosto.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, desvelou a programación das festas da Virxe Peregrina enmarcadas no que denominou o 'Pontevedra Verán Fest' con máis de 350 actividades distintas na Boa Vila.
O programa completo pode ser consultado na web do Concello de Pontevedra e distribuiranse 20.000 exemplares impresos en papel que levarán incluída unha pulseira como unha chiscadela ao típico elemento que os festivais de música entregan como entrada individual. Este programa inclúe 23 ciclos diferentes para todos os públicos en 42 escenarios distintos e situados por toda a cidade, contando con ata 255 artistas nacionais e internacionais.
Lores expresou a súa ilusión "por ver Pontevedra convertida nun fervedoiro de alegría" a través de todas as propostas anunciadas, todas elas gratuítas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.