Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 14:57
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asegurou "ter a man tendida" ao Concello de Santiago ante a problemática pola falta de taxis, acrecentada no últimos meses co aumento do turismo.
No entanto, a conselleira deixa claro que "debe ser o Concello quen tome a iniciativa para establecer ese tipo de medidas" ao corresponderlle a xestión dos taxis. A preguntas da prensa sobre a posta en marcha de licenzas VTC, Ethel Vázquez tamén lembrou que iso se corresponde cun "marco regulatorio estatal".
Nas últimas semanas, diferentes entidades e veciños mostraron o seu malestar pola escaseza de taxis dispoñibles na capital de Galicia. A Asociación Hostalaría Compostela denunciou o "deficiente" servizo, o cal "desde hai máis de dous anos causa numerosos prexuízos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.