Rescatan a un neno de 6 anos arrastrado pola corrente na praia do Baleo, en Pantín-Valdoviño

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

Un neno de seis anos tivo que ser rescatado á primeira hora da tarde deste venres ao ser arrastrado polas correntes nunha zona da praia do Baleo (Pantín, Valdoviño) non recomendada para o baño, informaron fontes municipais. Foi a propia nai do menor a que deu a voz de alarma. O neno non necesitou asistencia médica.

O concelleiro de Seguridade do Concello de Valdoviño, Benito Veiga, informou esta mesma tarde que a administración local acaba de contratar persoal auxiliar de enfermaría para prestar servizos nesta mesma praia e na do Río, na parroquia de Meirás.

Ambas continúan sen servizo de socorrismo ante a falta de persoal. Así, o edil explicou que permanecerán nas praias todos os días da semana entre as 15.00 e as 19.30 horas realizando labores de prevención e primeiros auxilios mentres non se cubran as prazas de socorristas que seguen ofertadas a día de hoxe.

O desta tarde é o cuarto rescate que se produce en praias de Valdoviño no tres últimos días. O mércores, unha muller de 24 anos na Frouxeira e outra de 75 en Pantín foron rescatadas polos servizos de socorrismo. Este xoves, un mozo tamén se viu arrastrado nunha zona de correntes no areal do Rodo, en Marnela, pero a rápida intervención dos socorristas e dos surfeiros da escola Ondas Novas evitaron que o incidente fose máis aló.

Praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo
Praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta