Convocan unha folga de avogados da quenda de oficio para o mércores en varias cidades galegas

"Mesmo denomina indemnización ás ínfimas retribucións que lles abona", asegura o sindicato Venia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2023 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O sindicato de avogados Venia convocou unha folga na quenda de oficio para o vindeiro mércores, día 12 de xullo, en Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol e A Coruña co obxectivo de esixir que se lles recoñezan dereitos laborais.

Nun comunicado, a organización sindical destacou que, por agora, a administración, que dispón dos seus servizos para cumprir o mandato constitucional de proporcionar o dereito a xustiza gratuíta a quen non ten medios, "négase a recoñecer ningunha vinculación como persoal laboral especial".

Así, censura que non se lles recoñece "non dereito a baixas por enfermidade nin vacacións" e négase " a cotizar polo traballo encomendado". "Mesmo denomina indemnización ás ínfimas retribucións que lles abona", asegura o sindicato Venia.

A organización sindical sostén que "ante esta insustentable situación", os letrados da quenda de oficio, a través de Venia, declararon a primeira folga no sector da historia do noso país.

Por último, sinala que a administración non resolveu, ata o momento, o establecemento de servizos mínimos, polo que se esperan importantes complicacións no servizo durante a xornada de folga.

Os xulgados de Lugo
Os xulgados de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta