Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/07/2023 | Actualizada ás 11:31
A compañía Monbus anuncia que mañá, 14 de xullo, porá fin á campaña de descontos que a empresa levaba 10 meses aplicando en resposta aos abonos ferroviarios gratuitos en proximidades e media distancia. Porén a partir do sábado 15 xa non se aplicará ningún desconto adicional.
A medida coincide logo de tres sentenzas que anulan contratos de transporte escolar concedidos a empresas "dominadas" polo grupo Monbus e que supoñen, que xa foron recurridas ante o TSXG pola Xunta.
Ata o de agora, Monbus engadía un desconto adicional do 45% ao 50% bonificado pola Xunta de Galicia sobre o prezo dos títulos de transporte que correspondía abonar aos usuarios con cartón TMG antes do 1 de setembro de 2022. Por tanto, as persoas viaxeiras que utilicen o seu cartón de mobilidade nestas relacións de tráfico gozarán dun 50% de desconto e non do 95%.
Esta decisión é tomada, segundo a empresa pola "dificil situación do mercado, cunha importante falta de persoal de condución e outros problemas estruturais como a subida de custos xeral".
Monbus lanzaba esta iniciativa para "protexer aos seus viaxeiros máis fieis" xa que consideraban que tiñan o mesmo dereito que os usuarios do tren a gozar dun prezo reducido que os axudase a enfrontarse á difícil situación económica. Pero a necesidade de manter o equilibrio económico dos contratos e unha mínima rendibilidade da empresa obriga agora a frear a campaña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.