Zapatero axita a campaña en Galicia "en defensa da verdade": "Feijóo está instalado na insidia e na mentira"

Congrega a máis de 2.000 militantes e simpatizantes na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/07/2023 | Actualizada ás 22:21

Comparte esta noticia

O expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero saíu este martes "en defensa da verdade" nun mitin organizado polos socialistas galegos na Coruña e no que reivindicou a honestidade e limpeza do candidato do PSOE, Pedro Sánchez, fronte a un líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, instalado na "insidia" e na "mentira".

España e o PSOE teñen "un presidente limpo e honesto", que "traballou duro nunha situación difícil", afirmou antes de preguntarse se os populares poderían dicir o mesmo do seu líder, Alberto Núñez Feijóo.

Nun acto que reuniu a unhas 2.000 persoas nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, entre elas simpatizantes, militantes e cargos socialistas de todas as provincias galegas, Zapatero asegurou que se decidiu a "coller a mochila" para acudir aos estudios de televisión, ás emisoras de radio, ás prazas e aos teatros a "defender a verdade" fronte aos "ataques desapiadados" da dereita a Sánchez.

Zapatero, ao que se puido ver gozar do mitin, chanceou en numerosas ocasións e chamou aos galegos a darlle a volta ás enquisas. "Merecemos gañar e imos gañar", dixo. O expresidente, que se referiu a a polémica polas afirmacións de Feijóo sobre as subidas das pensións por parte os gobernos do PP, así como en relación á operación 'Pegasus', subliñou que a "mentira dura pouco" e que "a verdade se abre camiño". "Con isto das pensións e do teletipo, o antisanchismo picou totalmente", celebrou Zapatero.

Na cita, ademais, interveu o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, quen felicitou directamente a Zapatero por "non desvincularse nin do presidente nin do futuro" do país como expresidente e "seguir demostrando que se pode exercer a boa política e ser boa persoa".

O expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, durante un acto de campaña do PSOE, nos Xardíns de Méndez Núñez,
O expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, durante un acto de campaña do PSOE, nos Xardíns de Méndez Núñez, | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Tras iso, o xefe de filas dos socialistas galegos dirixiuse aos votantes para asegurar que "cando a democracia chama ás portas", a "historia vai xulgar á sociedade polo que faga o 23 de xullo".

Pola súa banda, o ministro de Sanidade, José Miñones, lembrou un mitin de hai anos de Ángel Gabilondo no Concello de Ames para asegurar que o actual defensor do Pobo advertiu naquel momento de que "o PP cando non goberna, mente e ataca ao persoal". Ademais, reclamou ao público que "contaxie a ilusión e o ánimo". "Somos os últimos que podemos parar á dereita e á ultradereita".

Por último, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reprochou aos populares que só lle intereses "os seus amigos" e ter "o barco para pasear" e pediu o voto para "parar á dereita retrógrada, antiga e mentireira".

VÍDEO DE PEDRO SÁNCHEZ E BANDEIRAS DA REPÚBLICA

A presenza de Zapatero na cidade herculina congregou nos Xardíns de Méndez Núñez a unhas 2.000 persoas, entre as que se puido ver a un pequeno grupo de homes engalados coas bandeiras da república.

No mitin proxectouse un vídeo do presidente e candidato, Pedro Sánchez, no que agradeceu o apoio de militantes, simpatizantes e votantes. "O próximo 23X vai gañar o esforzo o orgullo de todo o feito e vai saír derrotado o xogo sucio", sinalou o presidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta