Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2023 | Actualizada ás 15:48
O sindicato Unións Agrarias (UU.AA) anunciou que denunciará na xustiza a "cartelización" das industrias lácteas, ás que acusa de impor unha baixada de pagos aos gandeiros á vez que mantén o prezo aos consumidores.
"Cremos que hai indicios suficientes para acreditar que non hai negociación, que hai unha imposición de prezos e que se está vulnerando o mercado da competencia", sinalou o secretario xeral do UU.AA, Roberto García, que censurou que, na actualidade, un gandeiro galego cobra 5,5 céntimos menos pola mesma leite que un gandeiro asturiano.
Así as cousas, o sindicato iniciará unha recollida de firmas para informar os gandeiros e condicionar a repartición das axudas da Xunta para a industrialización e comercialización ao cuimplimiento da non discriminación dos gandeiros galegos. Destacouno nunha rolda de prensa celebrada na sede do sindicato en Santiago de Compostela, na que alertou tamén dun aumento dos prezos dos produtos lácteos para este inverno.
Na súa intervención, García criticou que a baixada dos pagos aos gandeiros "imposta polas industrias" e "acumulada á baixada de abril" supón algo máis de 10 céntimos menos por litro en comparación co prezo de xaneiro de 2023.
Ademais, avisou de que o mercado prevé unha caída da produción ocasionada polos "custos de produción elevados" e a "seca" que atravesa España e o continente europeo, o que debería resultar "en in incremento dos prezos do leite", tanto ao consumidor como aos gandeiros.
"Por primeira vez na historia, España está a producir menos leite que hai un ano. Se temos unha redución significativa de vacas e novillas debido a esta situación, será unha combinación letal que resultará nun problema de falta de leite e desabastecemento durante os meses de setembro, outubro e novembro", alertou.
Con todo, neste contexto, denuncia que as industrias lácteas expuxeron unha "baixa de prezo totalmente inxustificada" no pago para os gandeiros, ademais de ter "asinados contractos con importes e duración moi similares aos produtores" e sen trasladar "a baixada dos prezos aos consumidores".
Para a organización agraria é "curioso" que empresas que realizan produtos diferentes, como elaborados, leite líquido e produtos industriais paguen un mesmo prezo aos gandeiros cando teñen custos e marxes moi diferentes. Así, o feito de que "impoñan aos gandeiros prezos moi similares" para García demostra que hai "unha cartelización".
De feito, García afirmou que a organización acudirá á xustiza para denunciar esta situación de suposta cartelización para que os gandeiros poidan ter as súas perdas repustas. Ademais, dixo que tamén denunciará ás cadeas de distribuciín que, abaratando de modo substancial o prezo aos produtores, sigan mantendo o prezo aos consumidores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.