A outra cara das festas do Apóstolo en Santiago, máis de 100 toneladas de basura

A pesar de todo a empresa encargada da limpeza da cidade, Urbaser, destaca o "servizo exemplar" dos traballadores que conseguiron que Santiago siga sendo "referente" de limpeza.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/07/2023 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A compañía de xestión de residuos Urbaser informou de que recolleu máis de 100 toneladas de residuos na celebración das festas do Apóstolo en Santiago de Compostela que se celebran dende o 20 ata o 31 de xullo.

A empresa, que dá servizo a toda a área metropolitana de Santiago de Compostela, puxo en marcha un plan de recolección frecuente que inclúe a instalación de colectores de lixo adicionais para manter as rúas limpas durante todas as xornadas, así como un plan específico para a noite do 24 ao 25 de xullo.

Nemesio López, delegado de Servizos Urbanos da Zona Norte de Urbaser, destacou nun comunicado o "servizo exemplar" do persoal na capital galega durante uns días "críticos" para os visitantes e cidadáns, e que fixeron posible que a cidade sexa considerada como "referente" en limpeza e xestión de residuos.

O contrato de limpeza e recollida de residuos en Santiago de Compostela foi adxudicado en xaneiro de 2022 a Urbaser, por un período de dez anos e un importe de máis de 95 millóns de euros.

Fogos artificiais durante as Festas do Apóstolo Santiago 2022
Fogos artificiais durante as Festas do Apóstolo Santiago 2022 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta