"O deporte será un alicerce estratéxico deste mandato", di o presidente da Deputación de Pontevedra

Destina 800.000 euros en axudas a clubs deportivos da provincia.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/07/2023 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, deu conta da aprobación de 800.000 euros en axudas a clubs deportivos da provincia. Este foi un dos asuntos abordados este venres na Xunta de Goberno de cuxo orde do día Luís López deu conta nunha rolda de prensa na que resaltou que "o deporte será un auténtico alicerce estratéxico deste mandato e contará co respaldo do Goberno provincial".

Dos 800.000 euros en axudas aprobados, medio millón de euros destinaranse a apoiar os gastos de competición, adestramento, material ou coberturas sanitarias de 50 clubs deportivos náuticos da provincia e outros 300.000 para que 163 entidades deportivas poidan organizar campionatos, eventos e actividades na provincia durante o 2023.

OBRAS DE MELLORA E DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

O goberno provincial tamén aprobou este venres destinar preto de 400.000 euros para levar a cabo actuacións en sete concellos.

A contía máis importante corresponde ao Rosal e Baiona que recibirán preto de 250.000 euros para a reparación de camiños ou a reconstrución de muros, mentres que Forcarei, Dozón, Caldas de Reis, Catoira e Ribadumia contarán con 150.000 euros para novas instalacións solares fotovoltaicas.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en rolda de prensa
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en rolda de prensa | Fonte: DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta