Esta semana comeza a limpeza das marxes da estrada OU-902 ao seu paso polo Carballiño e O Irixo

Os traballos consisten en rozar vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2023 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo.

Así o trasladou nunha nota de prensa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na que tamén detallou que continuarán as intervencións en execución na autovía AG-64, en Narón e en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz.

Ademais, na provincia de Pontevedra tamén continuarán as tarefas de acondicionamento de marxes na VG-4.6, que une Cangas e Bueu; e na vía de altas prestacións do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas.

Os traballos consisten en rozar vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas

Limpeza estradas Xunta. XUNTA
Limpeza estradas Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta