Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2023 | Actualizada ás 18:55
Os servizos de emerxencias activaron un amplo dispositivo por terra, mar e aire na Coruña tras unha alerta pola posible desaparición dunha persoa que posteriormente se descartou.
Pouco antes das 14,00 horas deste martes, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que localizara pezas de roupa sobre unha roca de Illa Redonda, na zona do Portiño.
Seguidamente, activouse un operativo coordinado por Salvamento Marítimo e ata o lugar chegáronse a desprazar medios de Gardacostas de Galicia, dos bombeiros, da Policía Nacional e da Local da Coruña.
Finalmente, tras varias horas nas que peitearon a zona varias dotacións por terra e mar, ademais dun helicóptero de Salvamento Marítimo, concluíuse que non había indicios de que houbese ninguén na auga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.