Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/08/2023 | Actualizada ás 19:53
Varios vagóns dun tren de mercadorías que transportaba produtos químicos, entre eles argón líquido, descarrilaron na tarde deste mércores ao seu paso pola localidade ourensá de Vilamartín de Valdeorras.
Así, Adif informou de que a media tarde quedou interrompida a circulación ferroviaria do tramo Ponferrada-Monforte de Lemos, entre Vilamartín e A Rúa-Petín, polo descarrilamento.
A Xunta, pola súa banda, activou o Plan de Protección Civil ante accidentes no transporte de mercadorías perigosas, debido a que na zona produciuse un derrame de argón líquido, segundo informa o 112.
Na zona interveñen os recursos de emerxencias con ferramentas de contención e control do derrame. En concreto, están desprazados membros de Adif, Bombeiros de Valdeorras, GES de Valdeorras, Protección Civil e Concello de Vilamartín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.