Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2023 | Actualizada ás 18:23
Fragas do Mandeo terminou a súa campaña para recoller lixo durante doce meses na marisma do río Mandeo, coa retirada de 15 toneladas, segundo informa.
O pasado domingo, día 20, terminou a campaña bautizada co nome 'Basuraleza: 12 meses, 12 toneladas' e levada a cabo usando unha embarcación e coa colaboración do voluntariado.
Superando o obxectivo previsto, retiráronse 15 toneladas no marco dunha iniciativa que se iniciou hai un ano coa compra dunha lancha para ese fin. Con ela, fixéronse 42 saídas, coa colaboración de oito persoas.
Segundo explican, o lixo localizado "apunta claramente a unha orixe urbana e á festa dos Caneiros". "Somente en zonas próximas ao Pedrido -- concellos de Bergondo e Paderne -- pode falarse de procedecencia mariña ao atoparse alí restos de artes de pesca e marisqueo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.