Santiago pide centralizar o estudo de idiomas nas antigas facultades de Educación e Farmacia

A alcaldesa "volverá reclamar" á Xunta a localización da Escola Oficial de Idiomas en dous edificios da USC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2023 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, "volverá reclamar" á Xunta a posibilidade de que puidese haber un acordo entre o Executivo autonómico e a Universidade de Santiago para que a escola oficial de idiomas poida situarse nos edificios de Ciencias da Educación e Enfermaría.

Así o fixo, en declaracións os medios este martes, tras a reunión que mantivo co director da escola oficial de idiomas (EOI), Gonzalo Constenla. En palabras de Sanmartín, un dos "apartados máis importantes" que trataron nesa xunta foi en referencia á "insuficiencia do actual edificio" a EOI para albergar o número de alumnado que teñen actualmente distribuído en dous centros.

Con motivo desa separación en dous edificios tamén "teñen problemas de falta de espazos" que dean servizos de laboratorios, aulas insonorizadas, é dicir, "todo o que teñen que cumprir e non cumpren" por esa distribución. Ademais, iso "supón un inconveniente" á hora de poder ter algún idioma máis que poder ofertar a unha sociedade como a compostelá que "ten tantas necesidades respecto diso de aprendizaxe de idiomas".

"Non é só que sexa unha cidade universitaria, unha cidade turística, unha cidade con importancia de hostalaría e por tanto que o estudo dos idiomas e poder incrementar ese número sería fundamental", esgrimiu Sanmartín. Ante isto, avanzou que trasladou a Constela a súa intención de "volver reclamar" á Xunta esa posibilidade de acordo para que a zona deses edificios que a USC "ten pensando abandonar" poida acoller un edificio único da EOI.

Pola súa banda, o director da EOI agradeceu a iniciativa do Concello para poder ter un centro adaptado ás súas necesidades e á lexislación educativa da Xunta, respecto das características que teñen que ter as escolas oficiais de idiomas, que "nestes momentos non se cumpren, en moitos dos seus apartados".

OUTROS TEMAS TRATADOS

A parte desta cuestión, falaron sobre a próxima gala aRi[t]mar, un proxecto que se celebra todos os anos, sobre a música e poesía en galego e portugués. Ademais, trataron proxectos internacionais, de proxectos de colaboración e de promoción de actividades culturais que teñan en marcha e sobre proxectos a futuro posibilidades de colaboración entre o Concello e a EOI.

Escola Oficial de Idiomas de Santiago, en Vite
Escola Oficial de Idiomas de Santiago, en Vite | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta