Fontes do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública defenderon que ALIA está adestrado cunha maior porcentaxe de datos en castelán e linguas cooficiais que o resto de modelos comerciais.
  comenta   0
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, sinalou como principal novidade deste ano, o recente acordo co Instituto Camões, que facilita ao alumnado galego a posibilidade de certificar gratuitamente os seus niveis de competencia en portugués.
  comenta   2
O GC fala con Eva Cameán, propietaria da libraría Clarión de Carballo, que se fixo viral nos últimos días en Tik Tok por respostar ás críticas recibidas por falar en galego nos seus vídeos.
  comenta   0
Para a tamén investigadora e profesora de futuros mestres de Infantil e Primaria na facultade e Educación e Traballo Social de Ourense (UVigo), "é alarmante o labor desgaleguizador que está exercendo o ensino dende hai uns anos", concretamente, dende a entrada en vigor do Decreto do Plurilingüismo.
  comenta   0
"Ti entras en Google.cat e tes Google en catalán e en Youtube.cat, existe o dominio. Nin un nin o outro empregan o dominio '.gal', non nos teñen en conta e penso que aí está unha das principais problemáticas", reflexiona nesta entrevista en base a un informe propio no que tenta dar resporta á pregunta 'Que problemas ten o galego para ser útil en Internet'.
  comenta   0
"Os máis mozos,son do mundo urbano e non son galegofalantes, como tampouco o son os que chegan de Venezuela, Colombia, África, que non entenden o tema da lingua", asegura o sacerdote Rubén Aramburu. Abderrahim el Aziri Sounni, voceiro da Comunidade Islámica, di que aprendeu galego vendo a serie "Pratos Combinados".
  comenta   0
A presidenta da Eurocámara, Roberta Metsola, non puxo data para concluír a avaliación de impacto, pero as fontes consultadas por Europa Press falan de "meses máis que semanas", á vez que descartan que o traballo se poida dilatar máis aló na lexislatura.
  comenta   0
As familias de acollida compostelás ofrecen aos estudantes internacionais unha experiencia de inmersión lingüística e cultural única.
Tanto a ANPA do Colexio Vila de Cee como a ANPA A Santaia do CPI Fonte Díaz de Touro denuncian que o número de alumnos por aula é demasiado elevado e non cumpre as ratios e que o número de profesores é insuficiente para atender correctamente aos rapaces.
  comenta   0
En concreto, Lobeira, exdirixente do BNG, estuda Antropoloxía na UNED e ten como centro asociado o de Pontevedra, onde acudiu a examinarse o pasado mes de xaneiro. Con todo, as probas escanéanse e envíanse a Madrid, onde o profesor que viu o seu exame non llo cualificou, polo que acabou suspendendo.
  comenta   0
Exploramos como a Xeración Z está a transformar a comunicación coa creación de expresións virais que reflicten o seu humor e visión do mundo.
  comenta   0
A continuación, comentaremos como este tipo de educación fomenta o pensamento crítico dos estudantes e mellora a resolución de problemas, co fin de entender por que colexios bilingües como o Asturias están cada vez máis demandados.
  comenta   0
O emprego do JALI para adaptar o movemento dos labios de cada personaxe ao idioma e o 'motion capture' para conseguir movementos hiperrealistas son algunhas das técnicas que destaca David Cordero, parto do equipo de desenvolvemento deste videoxogo en CD Projekt.
  comenta   0
O propósito desta iniciativa non é só que o alumnado asistente aprenda un idioma estranxeiro, senón tamén entrar en contacto con outras linguas, persoas, culturas e realidades.
  comenta   0
José López di que será posto en macha "nas próximas semanas" tras denunciar o BNG a falta de avances tras aprobarse hai dez anos a lei Paz-Andrade.
  comenta   0
Foi realizada pola editorial SEPT, cun grupo de traballo no que participaron 35 persoas, coordinado polos tradutores Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga. Como conta o escritor galego Silvestre Gómez Xurxo, "foi un reto moi complicado para unha editorial tan pequena, pero logrouse". A primeira edición veu a luz no 1989 e no 2022 publicouse a cuarta.
  comenta   0
"En canto estean os movementos de conselleiros e conselleiras que teñan distintas competencias, poder facer esa reunión para ver cal é a solución global que se lle dá a toda a mobilidade na contorna do Clínico, con esa posibilidade de facer alí non só un aparcadoiro, senón mellorar os accesos e facer unha solución global", argumentou Sanmartín.
  comenta   0
É importante recoñecer a importancia de construír unha Europa que comprenda e respecte a diversidade cultural e lingüística dos seus pobos. A protección dos dereitos individuais e colectivos é un piar fundamental para garantir a cohesión e a equidade dentro da Unión Europea. A promoción activa da diversidade cultural e lingüística non só enriquece a identidade europea, senón que tamén fortalece os lazos entre as nacións e fomenta un sentido de pertenza compartida.
  comenta   0
O Plan de Formación en Idiomas iniciado pola Xunta para traballadores e profesionais do sector turístico de Galicia empeza a súa nova edición na que impartirán 70.000 horas de clases en idiomas e ponse a disposición un total de 1.000 prazas: o alumnado poderá formarse en inglés, francés, alemán, italiano e portugués, con 200 prazas en cada caso.
  comenta   0
A Consellería de Educación traslada o borrador coa oferta aos sindicatos para abordalo o vindeiro martes en mesa sectorial. Tamé convoca aos sindicatos o día 16 para distribuír as especialidades nas oposicións a docente.
  comenta   0
Foi creado pola empresa galega Ticgal, especializada en solucións de tecnoloxía da información, para facilitar as tarefas de contestación rutineiras das preguntas que repetidamente lle facían os seus clientes. "A vantaxe da intelixencia artificial é, precisamente, que non hai esa fronteira entre linguas, eu creo que toda traballa en inglés e por detrás, ao mesmo tempo, vai facendo traducións ao idioma que ti lle digas", explica Óscar Beiro.
  comenta   1
Marta Estévez Grossi, investigadora lingüística na USC, asegura que as súas prácticas lingüísticas "son borradas", porque "non se ten en conta que as actividades por parte dos menores contribúen ao funcionamento das sociedades, evitando que sexan os propios gobernos do país de acollida os que teñan que gastar recursos económicos en intérpretes para que estes migrantes poidan acceder a toda unha serie de servizos aos que teñen dereito".
  comenta   0
A xornalista especializada en intelixencia artificial, Raquel Holgado, explica que "este algoritmo faise a partir do pensamento das sociedades, coa información que vai recopilando, e é ás sociedades ás que corresponde correxir as condutas machistas para que poidamos ter máquinas que non reproduzan eses patróns".
  comenta   0
"Non creo que vaiamos ampliar o número de linguas que se usan de forma oficial na Unión Europea", resolveu o ministro de Asuntos Exteriores de Letonia á súa chegada á reunión de ministros da UE en Luxemburgo.
  comenta   0
'A Cabeleira' foi publicado inicialmente en 1995 en catro linguas: o orixinal en galego, e traducións de Olga Novo ao castelán, Diana Conchado ao inglés e María Lopo ao francés. En 2015 editouse en 60 idiomas e, actualmente está editado en 70 linguas do todo o mundo.
  comenta   0
O ministro de Universidades en funcións, Joan Subirats, anunciou este venres que o catalán, o galego e o eúscaro incorporaranse nos programas de Erasmus+ para promover a "inclusión e a diversidade como valores esenciais da Unión Europea".
  comenta   0
Dende o PSOE barallan rexistrar o texto esta semana, aprobalo en Pleno a semana do 19 e contratar tradutores de urxencia. A Mesa pola Normalización Lingüística considerou que os avances para as linguas "non se deben deter aquí" e referiuse especialmente ao ámbito xudicial e á Administración Xeral do Estado.
  comenta   2