Por Europa Press / Redacción | OVIEDO | 03/05/2024 | Actualizada ás 11:44
O presidente do Principado, o socialista Adrián Barbón, reclamou este venres, coincidindo co Día de lles Lletres Asturianes, a "cumprir" coa Constitución para "garantir" o futuro do asturiano e do galego-asturiano.
Nun apuntamento en X escrito en asturiano e recolleito por Europa Press, o presidente do Principado felicitou un día "para reivindicar as nosas linguas propias e a oficialidade".
"Sen complexos e sen medo, cumprir a Constitución Española é o único camiño para garantir o futuro das linguas de Asturias", afirmou Barbón nas súas redes sociais nunha clara referencia ao artigo 3 da Constitución, que establece que a castelá é a lingua oficial do Estado e que os demais idiomas serán tamén oficiais nas súas comunidades autónomas de acordo cos seus Estatutos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.