Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/12/2024 | Actualizada ás 18:50
O salario medio anual en Galicia situouse en 2023 nos 23.252 euros, o que supón un 5,7 % máis que os 21.999 euros de 2022, segundo o Estudo de Salarios nas fontes tributarias publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este dato é máis de 700 euros inferior ao da media nacional, xa que o salario medio anual a nivel estatal foi de 23.981 euros o ano pasado, un 5,3 % máis.
A nivel galego, trátase do salario medio anual máis alto da serie histórica, con máis de 1,08 millóns de persoas que percibiron un salario. Deste total, 886.646 eran asalariados, cunha retribución media anual de 25.323 euros. Ademais, 44.840 persoas foron asalariados e pensionistas, e 147.064, asalariados e desempregados durante o 2023. Asalariados, pensionistas e desempregados foron 4.454 persoas en Galicia o ano pasado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.