Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2024 | Actualizada ás 12:34
Galicia rexistrou un total de 2.098 hipotecas sobre vivendas en outubro, de forma que se dispara un 90% en comparación co mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este venres.
Este incremento é o terceiro maior entre comunidades por detrás de Asturias (140,1%) e Aragón (122,1%). O aumento da comunidade galega é case 30 puntos maior que a media de avance en España, que é do 60,8%. De tal forma, en Galicia prestáronse 256,8 millóns de para a constitución de hipotecas sobre vivendas durante o mes de outubro.
En total, constituíronse 2.852 hipotecas na comunidade --2.819 urbanas e 33 rústicas--, cun desembolso de 332,5 millóns de euros. A gran maioría con bancos como entidades prestamistas. Das 2.819 urbanas, ademais das 2.098 citadas sobre vivendas, hai 18 solares e 703 doutro tipo.
A repartición por provincias das hipotecas sobre vivendas é o que segue: A Coruña (988), Pontevedra (789), Ourense (179) e Lugo (142). Por contra, canceláronse 2.460 préstamos hipotecarios sobre leiras, das cales 1.760 son urbanas e os 81 restantes, rústicas. Tamén houbo 546 cambios rexistrais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.