Uns 3.800 estudantes de case 50 centros beneficiaranse dos cursos gratuítos de linguas estranxeiras o próximo curso

Ofrécense linguas como o inglés, o francés, o alemán e o portugués, en niveis correspondentes ao A1, A2, B1 e B2.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2023 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Uns 3.800 estudantes de 46 centros educativos de toda Galicia beneficiaranse o próximo ano académico dos cursos gratuítos para a formación complementaria en linguas estranxeiras (Cuale) que organiza a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades fóra do horario lectivo.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, o obxectivo desta iniciativa é que o alumnado mellore as súas competencias noutros idiomas e poida así preparar as probas de certificación de escolas oficiais de idiomas. Esta formación é totalmente gratuíta para as familias e ofrécese para linguas como o inglés, o francés, o alemán e o portugués, en niveis correspondentes ao A1, A2, B1 e B2.

Dos centros seleccionados, 17 son da provincia da Coruña; sete, da de Lugo; tres están en Ourense, e 19, en Pontevedra. En concreto, 59 cursos serán de inglés en diferentes niveis; 40, en francés; cinco, en alemán, e tres, en portugués.

Estudantes
Estudantes | Fonte: Álvaro Ballesteros

O Goberno galego explicou que a modalidade Cuale A1 está dirixida aos estudantes que superasen todas as materias de segundo de ESO e que estean matriculados en terceiro, mentres que o Cuale A2 é para alumnos de cuarto con terceiro aprobado, así como para os inscritos en ciclos de FP de grao medio de menos de 2.000 horas.

Cuale B1 é para alumnos de Bacharelato, ciclos de grao medio de 2.000 horas e grao superior de menos de 2.000 horas e o Cuale B2 é para estudantes de Bacharelato, de ciclos superiores de 2.000 horas e para os que dispoñan dun certificado de escolas de idiomas do nivel B1.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta