Un milleiro de profesionais do turismo poderán formarse gratuitamente en idiomas dende o vindeiro 12 de febreiro

O Plan de Formación en Idiomas iniciado pola Xunta para traballadores e profesionais do sector turístico de Galicia empeza a súa nova edición na que impartirán 70.000 horas de clases en idiomas e ponse a disposición un total de 1.000 prazas: o alumnado poderá formarse en inglés, francés, alemán, italiano e portugués, con 200 prazas en cada caso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2024 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

O Plan de Formación en Idiomas iniciado pola Xunta para traballadores e profesionais do sector turístico de Galicia empeza a súa nova edición na que impartirán 70.000 horas de clases en idiomas e póñense a disposición un total de 1.000 prazas. Esta é unha formación gratis para traballadores e profesionais do sector turístico da comunicade que queiran mellorar as competencias lingüísticas para facilitar a atención a peregrinos ou a viaxeiros internacionais.

Segundo informou o Executivo galego, o alumnado poderá formarse en inglés, francés, alemán, italiano e portugués, con 200 prazas en cada caso. Os alumnos poden compaxinar coa súa profesión turística ao ter dispoñibilidade horaria para facer os cursos, cun total de 12 semanas de formación e 75 horas de formación entre os meses de febreiro e abril de 2024. Os cursos empezarán o 12 de febreiro e os interesados xa poden solicitar a súa praza ata o día 5 de febreiro mediante o apartado de formación na páxina web de Turismo de Galicia.

Curso de guías das Illas Atlánticas
Curso de guías das Illas Atlánticas | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta