A autora Ana Romaní recibe o premio 'Xograresa de Outono' no Festival de Teatro de Carballo

O premio foi entregado polo "seu labor inestimable na promoción da cultura, a radio e o teatro galegos, impulsando formatos propios e amosando un forte compromiso social".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2023 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) outorgou na edición deste ano o premio 'xograresa de outono' á escritora e xornalista Ana Romaní.

Nesta ocasión, decidiuse outorgar o premio a Romaní "polo seu labor inestimable na promoción da cultura, a radio e o teatro galegos, impulsando formatos propios e mostrando un forte compromiso social".

"Ana Romaní é unha muller de teatro, incansable defensora da cultura galega e do galego, e que acredita unha extensa e recoñecida traxectoria que a levou a alzarse, entre moitos outros galardóns, co Premio Nacional de Xornalismo Cultural en 2018", lembra a organización.

Con este galardón, o FIOT abre o espectro do premio a novos sectores como o da comunicación, "pondo en valor a súa relevancia e necesario labor para o coñecemento e a consolidación das artes escénicas".

A escritora e xornalista Ana Romaní ingresará na Real Academia Galega o 6 d. REAL ACADEMIA GALEGA
A escritora e xornalista Ana Romaní ingresará na Real Academia Galega o 6 d. REAL ACADEMIA GALEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta