Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2023 | Actualizada ás 15:46
O condutor dunha furgoneta resultou ferido ao chocar unha furgoneta e un camión articulado á altura do quilómetro 73.1 da AG-53, ao seu paso por San Cristovo de Cea. Segundo informou a Garda Civil de Ourense e o 112, o sinistro tivo lugar pouco despois das 11.00 horas e nel interviñeron os bombeiros para liberar ao condutor da furgoneta, xa que quedou atrapado nesta colisión por alcance na autovía, sentido Ourense.
Tamén foron alertados os efectivos do 061, mentres que foron os bombeiros do Carballiño os que liberaron á persoa ferida. Unha vez fóra do vehículo, a vítima foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Acudiron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.