O Parlamento reclama estudos sobre as causas da escaseza de polbo nas augas galegas

Tamén pide que, de acordo co sector, o Executivo autonómico proceda á revisión das condicións a establecer no plan experimental (número de nasas, cotas máximas de captura, período de veda e control, medidas de loita contra o furtivismo, etcétera).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O Parlamento insta o Goberno galego a levar a cabo os estudos necesarios para determinar as causas da escaseza de polbo nas augas galegas. Tamén pide que, de acordo co sector, o Executivo autonómico proceda á revisión das condicións a establecer no plan experimental (número de nasas, cotas máximas de captura, período de veda e control, medidas de loita contra o furtivismo, etcétera).

Por último, reclama dispor e incrementar as medidas de cobertura económica que permitan establecer paralizacións temporais, extensión da veda ou atender ao sector ante calquera outra decisión de recuperación da especie. Durante o debate da iniciativa na comisión de pesca, que saíu adiante por unanimidade e partiu do BNG, a deputada nacionalista Rosana Pérez mostrouse a favor de "medidas e plans adecuados que ordenen a actividade da frota", e advertiu que "só falta que o conselleiro, que di estas cousas, as poña en práctica".

A socialista Patricia Otero esperou que o Bloque tivese "máis éxito nas súas reclamacións" que outra iniciativa "moi parecida" que presentou o PSdeG en 2020. Por último, a popular María Elena Suárez defendeu que "todas as medidas dialóganse co sector" e reivindicou o plan de recuperación posto en marcha no seu día.

Polbo
Polbo | Fonte: FREDER - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta