Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2023 | Actualizada ás 21:12
Un home foi evacuado no helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061 despois de resultar ferido en Curtis ao ceder o tellado sobre o que se atopaba e precipitarse contra o chan.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 18,30 horas deste mércores na rúa Camiño Gorxá do municipio coruñés de Curtis.
Alí, o ferido caeu ao chan despois de que cedese o tellado do garaxe sobre o que se atopaba. Alertada a central de emerxencias, o helicóptero do 061 con base en Santiago acudiu no seu auxilio e trasladouno ao hospital.
Tamén na tarde deste mércores, a aeronava de Urxencias Sanitarias desprazouse a Trazo para socorrer a unha persoa que perdeu o coñecemento ao ser picada por varias avespas velutinas.
Sucedeu no lugar de Brea ao redor das 16,15 horas. A persoa afectada foi evacuada no helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.