200k de droga, 400.000 euros e 12 detidos nun gran operativo contra a droga na provincia de Pontevedra

O pase a disposición dos arrestados producirase previsiblemente este xoves.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/09/2023 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Os rexistros enmarcados na operación contra o tráfico de droga levada a cabo na provincia de Pontevedra este pasado martes saldáronse coa incautación duns 400 quilogramos de estupefacientes e 400.000 euros en efectivo, segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press.

En concreto, o operativo supuxo a detención de doce persoas en diferentes localidades pontevedresas, incluíndo municipios como Cangas, Vigo, Vilagarcía ou Vilanova de Arousa. A eles hai que sumar outra persoa arrestada en Córdoba.

Os detidos pasarán a disposición xudicial previsiblemente este xoves, segundo as mesmas fontes, que descartan que acudan aos tribunais este mércores. O caso instrúeo o Xulgado número 1 de Cangas, quen tomará declaración.

Durante este martes incautáronse case 400 quilos de haxix e catro de cocaína, segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

O Equipo de Delincuencia Organizada Antidroga (EDOA) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra encárgase da operación, que continúa aberta.

Polo momento producíronse máis de dez rexistros entre ambos os territorios. En declaracións aos medios de comunicación, Blanco confirmou que este caso non ten relación co pesqueiro que o martes chegou ao Porto de Vigo con máis de dúas toneladas de cocaína abordo.

A Policía Nacional desarticula unha banda adicada á prostitución e a venda de droga
A Policía Nacional desarticula unha banda adicada á prostitución e a venda de droga | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta