Entregadas máis de 1.500 firmas contra o peche dunha aula no CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Integrantes da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira, en Ferrol, entregaron na mañá deste xoves no edificio administrativo da Xunta da cidade as case 1.500 firmas que recolleron nos últimos días para demandar á Consellería de Educación que non se peche unha unidade deste centro. Para iso, marcharon nunha manifestación desde o colexio ata a Praza de España.

A presidenta da ANPA, Lorena Dapena, expresou que este colectivo está "desgustado", por entender que "se están tomando represalias". "Esta semana comunicáronnos que cesaban á xefa de estudos, porque ao suprimir as unidades, correspóndenos tamén esa supresión de xefatura de estudos, cousa que sempre prometeron que non ían facer", e que ademais "non están a dotar de persoa substituta para este curso".

Así, ás portas de edificio administrativo, Dapena afirmou que o Goberno autonómico dixo que se chegaban ao número mínimo de matrículas "dotaríase desa aula mixta". "Conseguímolo, comunicámolo á inspección e agora estannos dicindo que non, entón estamos no peor dos escenarios", denunciou a continuación.

Desta maneira asegurou que "a comunidade educativa de San Xoán vai seguir mobilizándose", criticando o que "Inspección incumpra a súa propia palabra e que non se teña en conta tampouco que o colexio, cada ano, sempre recibe alumnado durante o curso, tal e como ocorreu estes últimos anos, especialmente con alumnado que chegar de fóra".

Por último, Lorena Dapena avanzou que desde a comunidade educativa, a través do concello escolar do centro, ten solicitada unha entrevista coa delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, coa xefatura territorial e que non descartan "continuar coas accións de protesta".

A comunidade educativa concéntrase fronte á Xunta contra o peche dunha aula no CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.
A comunidade educativa concéntrase fronte á Xunta contra o peche dunha aula no CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta