Premio do Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar ao CPXG polo programa 'Aprendamos a Ler a Información'

Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/09/2023 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O pasado venres 22 de setembro, o Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar outorgou un recoñecemento ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia polo seu labor pondo en marcha a iniciativa 'Aprendamos a ler a información' no que escritores e xornalistas achegaron ás internas do módulo de mulleres conceptos básicos sobre o papel da información e os medios de comunicación, co obxectivo de ayudar á reinserción. A entrega da mención do centro penitenciario realizouse no cadro das celebracións do día da Mercé, patroa de Institucións Penitenciarias.

O Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar recoñece ao CPXG polo programa 'Aprendamos a Ler a Información'
O Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar recoñece ao CPXG polo programa 'Aprendamos a Ler a Información' | Fonte: remitida

O galardón, consistente nun diploma e unha figura conmemorativa, foi entregado por Eva Regueiro Rodríguez, fiscal xefa de Ourense, e recolleuno Javier Fraiz, xornalista ourensán participante na iniciativa. Desde a organización destacouse a aproximación a "conceptos básicos que todo cidadán ou cidadá debería coñecer" sobre comunicación e o valor de facelo "ante un segmento de poboación ao que probabelmente non sexa fácil que cheguen experiencias" como a de coñecer a autores e autoras recoñecidos polos seus libros e artigos.  

No centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, a prisión de referencia na provincia de Ourense, están privadas de liberdade un total de 287 persoas na actualidade, das que 21 son mulleres, que conviven nun módulo do recinto. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta