Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2023 | Actualizada ás 13:00
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e os sindicatos da mesa sectorial docente non universitaria (CIG, CCOO, ANPE e UGT) retomarán o mércores a negociación sobre a proposta para reducir os cocientes de maneira progresiva, ata os 20 alumnos por aula en Infantil e Primaria.
Ambas as partes reuníronse este luns, despois de que a Administración remitíselles a proposta o venres, pero polo momento non fraguou un acordo. Segundo un comunicado da Xunta, o encontro (dunhas dúas horas de duración) foi unha "primeira toma de contacto" na que os sindicatos expuxeron as súas suxestións, alegacións e dúbidas con respecto ao texto.
Así, os representantes da Consellería, que cualificaron esta reunión de "produtiva", comprometéronse a analizar as achegas das organizacións co obxectivo de seguir negociando o mércores e alcanzar un acordo final.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.